Estreamos blog!


Benvid@s a este novo blog da biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela! A pesar das distancias impostas pola pandemia, este curso non queremos deixar de dar a coñecer a nosa pequena biblioteca. É por iso que temos creado este blog, para que poidades seguir de cerca as novidades e recomendacións que antes podíades ver, tocar e mesmo ulir. 

Agora as nosas recomendacións e actividades achéganse a vós de xeito dixital, pero non esquezades que o servizo de préstamo segue funcionando coma sempre, simplemente cunhas medidas extraordinarias de seguridade e precaución.

Suscribídevos ao blog e desfrutade moito da lectura!

O Equipo de biblioteca

Comentarios