Primeira reunión virtual do Club de lectura de galego


O xoves 28 de xaneiro de 2021 xuntarémonos na primeira reunión virtual do Club de lectura do Equipo de dinamización da lingua galega e do Departamento de galego para falarmos do libro de Noa Pérez González O ocaso da familia Portela, publicado na Editorial Barbantesa.

Será en Webex desde ás 18:00 ás 19:30. Ademais temos a sorte de contar coa participación da autora, Noa Pérez González. Anímate a participar e manda un mail a ikerdudo@eoisantiago.org para recibir o enlace da xuntanza. Mentres tanto, aquí podes ler unha pequena crítica da obra.

Comentarios