Últimos días do servizo de biblioteca

 

Libros

Chega a fin do curso e queremos lembrarvos que o servizo de biblioteca estará en funcionamento ata o vindeiro 15 de xuño.

Pregámosvos que devolvades todo o material emprestado antes desa data, para podermos organizar a biblioteca e poñela de novo en marcha o curso próximo.

Agardamos que este pequeno recuncho vos teña aberto as portas ás marabillosas linguas e culturas que se poden atopar nel.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Volvemos en setembro!


Comentarios